AGRADECEMENTOS

Portada     Comezo     Prensa      Rolda de prensa     Fotos     Vídeos Próximas representacións     Compra online     Agradecementos   

 


Este musical é un proxecto de toda a comunidade educativa do colexio Miralba- Xesuitinas de Vigo, un proxecto de todos e para todos, de dentro e de fóra, un proxecto que nos une na persoa de Cristo mirando á Nai Cándida.


Son moitas as persoas que están detrás deste proxecto e das cales recibimos todo o apoio. En primeiro lugar, ás nosas familias por toda a súa comprensión e cariño. A Olalla González, pola súa voz, consellos e experiencia, a Jose Luis Portela, adaptador e produtor, que realizou un grande esforzo para axudarnos a sacar este proxecto adiante coa súa "produtora detranquis".


Á Editorial San Pablo, en especial Maite e Ascensión, que co pouco tempo co que contabamos puxeron cen as súas máquinas para que todo estivese listo no mes de outubro, data da Canonización da Nai Cándida.


Leandro Olmedo (graficamente.vigo@gmail.com), diseñador gráfico que deseñou, gratuitamente, esta marabillosa portada e maquetación do disco.


Silvia Rozas e Julio Alonso polas súas fotografías, Marta Olivares, correctora do libreto, Paula Merelo, Padre Requejo, xesuíta. A Fano polos seus debuxos, que ilustran o libreto da obra. Á Autoridade Portuaria de Vigo pola súa achega económica para sufragar parte deste proxecto.


Tamén con moito agarimo lle damos as grazas a Migueli, padriño do proxecto, que tamén participou na gravación do disco. Aproveitamos para facer publicidade do seu último trabajo "Mucha auga y mucha sed", moi bo!


Á empresa de son BeArt, Bea e Ángela, as nosas técnicas de son, que con toda a pacienza do mundo e con moito cariño está a facer que este musical soe de loucura en directo.


De xeito moi especial, a todo o profesorado e o PAS do Colexio Miralba-Jesuitinas de Vigo, que sempre apoian estas iniciativas e sofren as consecuencias dos ensaios, horas extras e demais mesteres. A todos os alumnos e as súas familias, os que están, os que estiveron e os que estarán, porque este é un proxecto de todos e cada un dos membros da comunidade educativa Miralba.


E por suposto a todas as Fillas de Xesús do mundo, que durante anos continuaron o labor que comezou a Nai Cándida.



A todos, moitas grazas